Ney, Michel
Ney, Michel
Militar francés, duque de Elchingen e príncipe de Moscova. Mariscal desde 1804, en 1809 foi enviado por Napoleón I Bonaparte á Península Ibérica para someter Galicia á obediencia de Xosé Bonaparte, pero foi derrotado polos galegos na Batalla de Ponte Sampaio. Nomeárono príncipe de Moscova despois da Batalla de Borodino (1812) e en 1814 apoiou a abdicación de Napoleón I e uniuse a el durante os Cen Días. Despois da Batalla de Waterloo (1815) foi detido e executado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sarrelouis -
Deceso
Lugar : París