Nias
Nias
Illa de Indonesia, situada preto da costa occidental de Sumatra (2.524 km2; 315.000 h [estim 1980]). É unha illa montañosa e de orixe volcánica. A poboación dedícase aos cultivos de arroz, cocos, bananas, tabaco, cana de azucre e pementa, que están destinados á alimentación.