Nicholson, Ben

Nicholson, Ben

Pintor inglés. En 1930 creou o primeiro núcleo de abstracción artística inglés, xunto coa súa muller, a escultora B. Hepworth. A súa obra partiu do realismo para chegar á abstracción libre, pasando polo impresionismo e o cubismo. Expuxo co grupo de Abstraction-Creátion en París (1933-1934), e destacan as súas obras Cat Not Under Table (1948), Red and Silver (1955) e Erymanthos (1966).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Denham, Buckinghamshire

  • Deceso

    Lugar : Londres