Nicobar, illas
Nicobar, illas
Arquipélago do golfo de Bengala situado en India (1.725 km2; 14.600 h [1980]). Xunto coas illas Andaman, forman o territorio de Andaman e Nicobar, e son a continuación da cordilleira birmana. O clima é caloroso e están cubertas de bosque e de sabana. A poboación é moi variada pero quedan poucos aborixes de raza paleomongoloide, de lingua do grupo mon-khmer. Os habitantes concéntranse en Great Nicobar, a illa máis montañosa.