Nicodemo, san
Nicodemo, san
Fariseo e escriba xudeu. Membro do sanedrín, menciónase en tres ocasións no Evanxeo segundo san Xoán: cando tivo unha conversa nocturna con Xesús, cando o defendeu ante o sanedrín e cando axudou a Xosé de Arimatea a baixalo da cruz e a preparar o seu enterro. Polo xeral, aparece representado nas imaxes dos descensos da cruz e nos santos sepulcros, a carón dos pés de Xesús Cristo. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.