nidulariáceo -a
nidulariáceo -a
(< lat científico Nidularia)
-
adx
Relativo ou pertencente ás nidulariáceas.
-
s
f
[FUNGO]
Fungo da familia das nidulariáceas.
-
s
f pl
[FUNGO]
Familia de fungos, da orde dos nidulariais, que presentan esporocarpos formados por un peridio en forma de copa e por un coágulo que contén corpos redondos denominados peridiolos. Comprende especies terrícolas e especies que viven sobre a madeira.