Niebla

Niebla

Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado na beira do río Tinto (3.810 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro. Cidade romana, foi cabeza de bispado en época visigoda. Conquistada por ‘Abd al-’Aziz ibn Mūsà ibn Nusayr en 713, en 1261 Afonso X apoderouse dela.