Nimega
Nimega
Nome científico: [neerl: Nijmegen]
Cidade da provincia de Gelderland, Países Baixos, situada na beira do río Waal (152.200 h [2000]). Grazas á comercialización de hulla da conca do Ruhr, foron creadas diversas industrias. De orixe celta, Traxano fundou nela unha colonia romana chamada Ulpia Novo Magus. Convertida en palatinado por Carlomagno e cidade imperial desde 1230, despois integrouse na Liga Hanseática. Consérvanse restos dunha capela de sete lados (s VIII) e a Grote Kerk ou Sankt Stevenskerk (ss XIII-XV).