ninfeáceo -a

ninfeáceo -a

(< lat científico Nymphaea)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás ninfeáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das ninfeáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas acuáticas ou palustres, que presentan follas peltadas ou cordiformes, flores trimétricas ou polimétricas, grosas e solitarias, e froitos xeralmente baciformes. Habitan en augas doces.

Palabras veciñas

ninfal | ninfálido -da | ninfea | ninfeáceo -a | ninfeal | ninfeo | ninfómana