ninfeo
ninfeo
(< grνυμφαῐον)
-
s
m
[MIT]
Gruta de onde brotaba, na Antigüidade, unha fonte consagrada ás ninfas, que era considerada santuario do seu culto.
-
s
m
[ARTE]
Fonte monumental organizada como unha fachada arquitectónica da época helenística e romana. Ten forma rectangular, elíptica ou absidal, con fornelos e columnas. En Roma e nalgunhas cidades de Asia como Mileto, Éfeso e Antioquía sobresaían pola súa fastosidade escenográfica. Durante os períodos renacentista e barroco, tamén recibiron o nome de ninfeos as fontes monumentais das grandes vilas.