nirvana

nirvana

(< sánscr nirvāna‘aniquilación’)

  1. s m [FILOS/RELIX]

    Estado supremo e ideal do budismo en que se alcanza o máis alto grao de paz, evasión e perfecta felicidade e que se consegue a partir da extinción das ataduras corporais (desexos, paixóns) e, como consecuencia, do sufrimento e da propia individualidade, nun intento de alcanzar a fusión coa esencia divina.

  2. s m

    Estado de máxima felicidade.

Palabras veciñas

niquis | Nirala | Nirenberg, Marshall Warren | nirvana | Nirvana | Niš | Nišava