Niš
Niš
Cidade de Serbia, en Serbia e Montenegro, situada á beira do río Nišava (182.583 h [2000]). É un importante núcleo industrial e centro comercial, e destacan os seus tapices. Corresponde á antiga Naissus romana e foi destruída polos hunos e os ávaros, e reconstruída por Xustiniano I.