Nisibis

Nisibis
Nome científico: [turco: Nusaybin]

Cidade do il de Mardin, en Anatolia suroriental, Turquía, situada á beira da fronteira con Siria. Tivo unha escola de teoloxía que se fundou cara a o ano 300 onde floreceu, entre outros, o poeta santo Efrén. En 363, ao caer a cidade nas mans dos persas, a escola trasladouse a Edessa pero volveu en 489. Converteuse no centro espiritual do nestorianismo.