nitrilo

nitrilo

Compoñente que contén na molécula o grupo funcional RqC "FF2DFF33 30B430B730C330AF"; "FF2DFF33 30B430B730C330AF" >≣ N. A acción dos ácidos e das bases sobre os nitrilos dá os ácidos carboxílicos correspondentes, segundo as reaccións


FORMULA


      RCN + OH-+ H2O D RCOO-+ NH3
     RCN + H++ 2H2O D RCOOH + NH4
Os nitrilos alifáticos son líquidos de constante dieléctrica alta que se empregan como disolventes e que se obteñen por reacción dos cianuros metálicos con haluros de alquilo, segundo a reacción


FORMULA2


  RX + NaCN D RCN + NaX
Esta reacción é moi importante, porque permite alongar nun carbono a cadea. Algúns dinitrilos alifáticos empréganse polas súas propiedades terapéuticas, así por exemplo, o dinitrilo malónico e, especialmente, o dinitrilo sucínico, favorecen o metabolismo nucleoproteico das células nerviosas. OBS: Tamén se denomina cianuro orgánico, a causa da presenza do grupo -CN.