nodosidade
nodosidade
(< lat nodosĭtāte‘complicación’)
-
s
f
[PAT]
Calidade de nodoso.
-
s
f
[PAT]
Calquera produción accidental que dá ao tacto a sensación dun corpo duro máis ou menos arredondado e limpamente circunscrito.
-
s
f
[PAT]
Tumefacción ou induración circunscrita.
-
nodosidade de Heberden
[PAT]
Prominencia dura que se sitúa na cara dorsilateral das articulacións interfalánxicas distais, case sempre no dedo índice e no maior. É unha manifestación típica da artrose.
-
nodosidades de Janeway
[PAT]
Pequenas lesións eritematosas, dolorosas, que aparecen na planta do pé na endocardite bacteriana subaguda.
-
nodosidades subcutáneas da artrite reumatoide
[PAT]
Eminencias indolentes que se localizan case sempre no cóbado, entre a pel e os planos máis profundos, que aparecen no 30% dos afectados de artrite reumatoide.