Nogueira, San Vicente de
Nogueira, San Vicente de
Igrexa parroquial situada en Meis. Pertenceu ao antigo mosteiro beneditino de Nogueira e, a partir do s XVI, á orde dos Cabaleiros de San Xoán. Realizada en estilo románico, o arco triunfal conserva unha inscrición de 1150, data de construción. Ten ábsida semicilíndrica, capiteis interiores adornados con follas de acanto e exteriores con motivos de cestaría.