Noia, San Martiño de

Noia, San Martiño de

Igrexa parroquial situada en Noia. Construída por Lope de Mendoza en 1434 e realizada en estilo románico de transición ao gótico, consta dunha soa nave, ábsida pentagonal con bóveda de abano, muros de cantaría granítica e cuberta a dúas augas. Destaca o retablo da Anunciación, renacentista, realizado por Romero Dacosta. Nas columnas que sosteñen as arquivoltas na fachada represéntanse os apóstolos, nun estilo románico tardío. Nas arquivoltas atópanse as figuras dos doce anciáns da Apocalipse cos seus respectivos instrumentos. O lugar central do tímpano ocúpao Xesús Cristo, amodo de pantocrátor. Enriba sitúase un rosetón decorado con catro anxos que tocan unhas trompetas. No lado esquerdo sitúase a torre-campanario rematada mediante unha pirámide escalonada. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.