Nomenclatura das Unidades Territoriais Estatísticas
Nomenclatura das Unidades Territoriais Estatísticas
Clasificación establecida pola Oficina de Estatística das Comunidades Europeas (1972) para dispoñer dun esquema único e coherente de clasificación territorial para a elaboración das estatísticas rexionais comunitarias co fin de harmonizar a recompilación, transmisión e publicación das estatísticas nacionais e comunitarias. É unha clasificación en tres niveis, en que os dous primeiros recollen a estrutura administrativa dos estados membros, e o terceiro, que é un nivel adicional, para delimitar territorios comparables economicamente. Desde 1998 utilízase na lexislación comunitaria dos Fondos Estruturais.