non-linearidade

non-linearidade

(

s f [TECNOL/AUTOM]

Característica dun sistema cuxo comportamento non se pode representar por ecuacións diferenciais lineares. Nos sistemas sometidos as non-linearidades clasifícanse en dous grupos, esenciais e accidentais, segundo sexan introducidas deliberadamente ou non. Das primeiras destaca a denominada todo ou nada, e das segundas a curvatura, o limiar, a saturación e a histérese. A miúdo aparecen combinacións de diversos tipos de non-linearidade.