non-proliferación, Tratado de

non-proliferación, Tratado de

Acordo contra a propagación das armas nucleares que entrou en vigor o 5 de marzo de 1970 asinado por un cento de estados. Estipulaba que os países asinantes non podían formar ou aceptar armas nucleares, nin cedelas ou admitilas en control. Establecido por iniciativa de EE UU, URSS e Reino Unido, non foi aceptado por diversos estados, que vían nel un intento de perpetuar a hexemonía nuclear por parte das grandes potencias, nin tampouco foi ratificado por España. A súa validez foi de 25 anos.

Palabras veciñas

non-linearidade | non-metal | non-nato -ta | non-proliferación, Tratado de | non-violencia | nona | Nona, santa