Norte, canal do
Norte, canal do
Estreito que separa Escocia do NL de Irlanda e comunica o mar de Irlanda co Atlántico. Ten unha lonxitude duns 150 km e esténdese desde o Rhinns Point, ao N, ata Mull of Galloway, ao S. O porto principal é Belfast.