Norte, O

Norte, O
[PUBLIC]

Xornal publicado en Negreira a partir de 1997. Coordinado por Cristina Castro e Concha Pombo, compartiu redacción e parte dos contidos co xornal Finisterre. Nun principio foi quincenal, logo pasou a ter periodicidade semanal e, a partir de 2001, mensual. Distribuído na provincia da Coruña (Negreira, Ames, Santa Comba e no Val do Dubra), incluíu información local, deportes e opinión.