Norte, Santa Eufemia do

Norte, Santa Eufemia do

Igrexa situada en Ourense. Baixo a advocación orixinal de san Domingo, pertenceu ao antigo convento dominicano e construíuse entre 1642 e 1666. En 1851 converteuse na igrexa de Santa Eufemia do Norte. A planta é de cruz latina con dúas naves, rematada nunha bóveda de medio canón. No seu interior destacan os retablos barrocos, obra de Francisco de Castro Canseco (1708).