Noruega, mar de
Noruega, mar de
Nome científico:
[nor: Norksehavet]
Parte setentrional do Océano Atlántico, limitado de NO a NL polos mares de Groenlandia e de Barents, ao L por Noruega, ao S polo mar do Norte, as illas Shetland, as illas Feroe e o Océano Atlántico, e ao O por Islandia e a illa de Jan Mayen. Ten excelentes bancos de pesca, especialmente ao redor das áreas costeiras de Islandia, Noruega e das illas Shetland e Feroe.