Nosa Radio, A

Nosa Radio, A
[PUBLIC]

Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de decembro de 1985. Subtitulada “Noticieiro de radiotelevisión de Galicia SA” estivo dirixido por Xosé Luís Blanco Campaña. Foi o órgano de expresión da Radio Galega, e incluíu a programación e os actos da emisora, entrevistas e información sobre outras emisoras autonómicas.