Nosa Galiza, A

Nosa Galiza, A
[PUBLIC]

Xornal publicado en Xenebra a partir de 1969. Editado pola sociedade de emigrantes homónima, imprimiuse a ciclostilo e redactouse en galego. Incluíu numerosos textos literarios de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana, X. Neira Vilas, Méndez Ferrín, Xosé Anxo Valente, Ramón Cabanillas, Avilés de Taramancos e A. Castelao. Ademais ofreceu información sobre mostras, montaxes teatrais e outras actividades culturais. A publicación foi continuadora de Semente: boletín da Sociedade A Nosa Galiza.

Palabras veciñas

Nós. Suplemento | Nosa Cinza, A | Nosa Comarca | Nosa Galiza, A | Nosa Galiza, A | Nosa Lucha | Nosa Radio, A