Nosa Cinza, A

Nosa Cinza, A
[LIT]

Novela escrita por Xavier Alcalá, publicada en 1980 en Santiago de Compostela e que constitúe unha das obras máis reeditadas da literatura galega. Trátase dunha obra de iniciación que parte das memorias infantís do seu protagonista, un rapaz chamado Xoán, e que avanza no tempo ata o seu ingreso na universidade. A través das súas diversas experiencias vai descubrindo o valor da amizade, o pracer do sexo, a morte, a relixión e outras experiencias, todo enmarcado pola dúbida existencial do protagonista e por un cento de aspectos sociohistóricos que tamén aparecen reflectidos nesa época da posguerra e dos conflitos de maio de 1968. No que se refire ao esquema da narración, cómpre salientar a importancia do seu punto de vista, en que se mesturan a conciencia dun narrador adulto coa sinxeleza do seu protagonista infantil, e que ademais permite que a obra gañe en axilidade e se identifique mellor co público ao que vai dirixido.