Nós, os inadaptados
Nós, os inadaptados
[LIT]
Ensaio escrito por Vicente Risco e publicado na revista Nós en 1933. Nel reflíctese o proceso seguido por un grupo de intelectuais que, partindo dun marcado individualismo, avanzan no compromiso coa súa terra. Ademais, polo feito de considerarse “inadaptados”, pasaron a concibir a arte como unha forma de evasión da realidade social. Este ensaio está considerado, xunto con Arredor de si, de R. Otero Pedrayo, e “Dos nosos tempos”, de Florentino L. Cuevillas, como unha das máis claras definicións do significado que tivo o grupo Nós.