Nós. Suplemento

Nós. Suplemento
[PUBLIC]

Folleto de breve extensión impreso na Coruña a partir do 1 de novembro de 1928. Cesou en outubro de 1932 (nº 47). Publicado pola editorial Nós, fundada e dirixida por Ánxel Casal, funcionou como anticipo dos textos literarios en prosa e verso que ían aparecendo nos volumes impresos pola mesma editorial. Villar Ponte, Uxío Montes ou Filgueira Valverde foron algúns dos que viron publicados os seus escritos nos suplementos, dos que se conservaron moi poucos exemplares.

Palabras veciñas

Nós | Nós | Nós, os inadaptados | Nós. Suplemento | Nosa Cinza, A | Nosa Comarca | Nosa Galiza, A