Nós

Nós
[PUBLIC]

Revista editada en Ourense e Braga a partir dos meses de xaneiro e abril de 1986. Subtitulouse “Boletim filológico informativo da Comissão para a integração da língua da Galiza no acordo ortográfico luso-brasileiro” e “Revista internacional galaicoportuguesa de cultura”. Coordinada polo presidente das Irmandades da Fala de Galiza e Portugal, J. L. Fontenla, contou coa dirección de destacados filólogos e investigadores, como Isaac Alonso Estravís, Monteiro Santalha, A. Figueroa Panisse e Filipe S. Lopes. Incluíu artigos dedicados ao ensaio, a literatura, a lingüística, o ensino, a xeografía, a ecoloxía, a política e a creación literaria. Ademais incorporou documentos, unha sección de crítica e noticias relacionadas co mundo da filoloxía. Está considerada como unha das publicacións de referencia no mundo da lusofonía, no apartado da reintegración e aproximación da lingua galega á portuguesa.

Palabras veciñas

Nós | Nós | Nós | Nós | Nós | Nós, os inadaptados | Nós. Suplemento