Nosas Follas

Nosas Follas

Publicación editada en Lima a partir de 1995. Publicada pola Sociedad Gallega del Perú, tratouse dun boletín de periodicidade anual dirixido por A. Mosquera. Incluíu información sobre as actividades da asociación e artigos sobre a realidade galega, co obxectivo de deixar testemuño da existencia da galeguidade en Perú.