noticia
noticia
(< lat notitĭa)
-
s
f
-
Información que se ten ou que se dá dalgunha cousa.
Ex: As últimas noticias elevaban a cifra de mortos no accidente a tres.
-
Suceso do que se informa.
Ex: A noticia saltou a primeira hora do día.
-
-
s
f
Coñecemento sobre o estado ou situación dunha persoa ou dunha cousa da que hai tempo que non se sabe nada.
Ex: Non teño noticias dela desde que deixamos a universidade.
-
noticia dorsal
[HIST/DER]
Indicación que se puña, nos ss XI e XII, ao dorso dun pergameo collendo nota dos datos necesarios para redactar unha escritura. Deixáronse de facer cando comezou o sistema dos borradores ou scaedae no s XIII.