notario -ria
notario -ria
(< lat notarĭu)
-
s
[DER]
Funcionario que ten ao seu cargo a redacción e a autorización en forma pública das actas, os contratos e todo tipo de instrumentos, dando fe do seu contido. No dereito romano, os notarios collían nota en abreviaturas estenográficas dos procesos verbais.
-
s
m
[RELIX]
Persoa nomeada polo bispo para redactar e asinar actas e documentos de carácter normativo, administrativo e xudicial, dos que fai fe pública. O primeiro ou principal notario, denominado chanceler, ten as funcións de secretario da curia, notario e arquiveiro.