notario -ria

notario -ria

(< lat notarĭu)

  1. s [DER]

    Funcionario que ten ao seu cargo a redacción e a autorización en forma pública das actas, os contratos e todo tipo de instrumentos, dando fe do seu contido. No dereito romano, os notarios collían nota en abreviaturas estenográficas dos procesos verbais.

  2. s m [RELIX]

    Persoa nomeada polo bispo para redactar e asinar actas e documentos de carácter normativo, administrativo e xudicial, dos que fai fe pública. O primeiro ou principal notario, denominado chanceler, ten as funcións de secretario da curia, notario e arquiveiro.

Palabras veciñas

notariado -da | notarial | notarikōn* | notario -ria | Noteć | Notholaena | noticia