Notke, Bernt

Notke, Bernt

Escultor e xilógrafo alemán. A súa obra representa o gótico flamíxero nas súas últimas consecuencias. Atribúenselle numerosas obras, aínda que moitas son traballos do seu taller. Destacan o Retablo da Paixón da catedral de Århus (Dinamarca) e o San Xurxo e o dragón da igrexa de San Nicolao de Estocolmo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lassan, Pomerania

  • Deceso

    Lugar : Lübeck