Nouvel, Jean

Nouvel, Jean

Arquitecto. Cunha estética moi relacionada cos avances tecnolóxicos, realizou o centro cultural La Coupole de Combs-La-Ville (1987), o Institut du Monde Arabe de París (1987), o proxecto dun rañaceos cilíndrico en París de 340 m de altura (1989) e a remodelación da ópera de Lyon (1993). Nomeárono Chevalier de l’Ordre des Lettres et des Arts (1983) e foi membro honorífico do American Institute of Architects (1993) e do Royal Institute of British Architects (1995). Recibiu as medallas de ouro da Académie Française d’Architecture (1998) e do Royal Institute of British Architects (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París