Nova Actualidade

Nova Actualidade

Publicación que apareceu en Santiago de Compostela a partir de 1992, subtitulada “Revista del Norte de España”. Dirixida por Miguel Ángel Toral e editada por Nueva Comunicación Galicia SL, contou coa colaboración do departamento de Cultura da sociedade constituída para o Plan Xacobeo 93. Centrou os seus artigos e a súa abundante fotografía nas ofertas e nos atractivos de carácter turístico que ofrecían as vilas e cidades galegas, así como o percorrido do Camiño de Santiago.