Nova Delhi

Nova Delhi
Nome científico: [hindi: Ni Dilli]

Capital de India, que está constituída por un barrio de Delhi, no S da cidade vella (301.297 h [1991]). Construíuse entre 1912 e 1929 e en 1931 substituíu a Calcuta como capital de India. É un centro administrativo e industrial. O seu deseño é obra de Edwin Landseer Lutyens.