Novi Sad

Novi Sad

Capital da rexión autónoma de Vojvodina, en Serbia, Serbia e Montenegro (21.503 h [estim 2000]). Porto fluvial no Danubio, ao NO de Belgrado, é o foco cultural e económico de Vojvodina e da súa minoría húngara. A actividade industrial comprende a industria alimentaria, téxtil, de porcelana, aceites e graxas e aparellos eléctricos. Foi anexada a Hungría desde 1941 a 1944.