Novoa Freitas, María Teresa
Novoa Freitas, María Teresa
Soprano. Estudou piano en Galicia, canto no Conservatorio Superior de Música de Madrid e ampliou estudos con Monserrat Caballé, Danielle Ferro e Ian Baar. Profesora de canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo desde 1992, o seu repertorio abrangue desde a música barroca ata a contemporánea. Formou parte da banda sonora do filme El rey pasmado (1992) e gravou para a CRTVG o programa O son dos clásicos e dous concertos pola celebración do Xacobeo’99. Participou no Festival Are More de Vigo en 2000 e 2002 e interpretou papeis protagonistas na ópera La Dolores, de T. Bretón, e na zarzuela La bruja, do mestre Chapí. Recibiu o Premio Nacional de Música (2001).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ponteareas