Noya, Suso

Noya, Suso

Pintor. Formouse en Londres e dentro da súa obra, en que predominan os matices expresivos e as evocacións impresionistas, distínguese unha primeira etapa realista, outra de transición e unha última en que predomina o impresionismo. Nas súas obras utiliza a cor, o contraste e compón os modelos tomados do natural. En canto á temática aborda múltiples motivos, desde bodegóns a paisaxes labregas e figuracións.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Villestro, Santiago de Compostela