Noyori, Ryoji
Noyori, Ryoji
Químico xaponés. Foi profesor na Universidade de Nagoya e director do centro de investigación da ciencia dos materiais desta universidade. O seu labor de investigador centrouse na creación de catalizadores organometálicos con ligandos quirais, algúns dos que se empregan en procesos industriais de grande importancia económica. Recibiu o Premio Nobel de Química (2001) , xunto con W. S. Knowles e K. B. Sharpless, polo seu traballo nas reaccións de hidroxenación catalizadas por quiralidade.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : K&#