Nubia, deserto de
Nubia, deserto de
Deserto do NL de África, situado en Sudán (400.000 km2). Esténdese desde o uadi Halfā’, ao N, ata Abū Ḥ amad, ao S, e desde o Nilo, ao O, ata a serra costeira do Mar Vermello, ao L. A parte oriental é pedregosa e de rochas volcánicas, mentres que na occidental abundan as extensións areosas. As precipitacións son escasas.