nucleósido

nucleósido

(< nucle- + -ósido)

s m [BIOQ]

Cada un dos compostos naturais formados pola combinación dun azucre, ribosa ou 2-desoxirribosa, e unha base purínica ou pirimídica. O enlace C-N entre a base e o azucre formado é N-glicosídico. Os nucleósidos da ribosa son parte integrante dos ácidos ribonucleicos (ARN), e os da desoxirribosa forman parte dos ácidos desoxirribonucleicos (ADN). Obtéñense a partir dos nucleótidos por eliminación do grupo fosfato e son facilmente separables e identificables por cromatografía.