nucleótido
nucleótido
(< núcleo + -ido, conepéntese de -t- por analoxía con -tico)
s
m
[BIOQ]
Cada un dos ésteres de ácido fosfórico cun nucleósido, en que o ácido fosfórico é esterificado cun dos grupos de hidroxilo libres de pentosa. Atópase na célula, en estado libre e en proporcións notables. Obtéñense por hidrólise parcial dos ácidos nucleicos e ao ser compostos de bases nitroxenadas absorben a luz ultravioleta arredor dos 2.600 Å.