Nueva Era

Nueva Era
[PUBLIC]

Xornal publicado en Betanzos a partir do 4 de agosto de 1912. Subtitulado “Órgano de la opinión brigantina y defensor de los intereses comarcanos. Literatura, ciencias y amenidades”, cesou o 16 de novembro dese mesmo ano (nº 67). Tras os primeiros números, de saída irregular, converteuse en semanario. Dirixido por Xoán Ponte Blanco, foi unha publicación local da que unha parte dos exemplares se distribuíron no estranxeiro. Foi substituída por Betanzos liberal.