Nueva Esparta
Nueva Esparta
Estado insular de Venezuela (1.150 km2; 377.700 h [estim 2000]). A súa capital é La Asunción (20.503 h [1995]). Comprende as illas Margarita, a máis grande e onde se atopa a capital, Coche e Cubagua. O clima é tropical. A poboación vive concentrada no litoral de Margarita. A actividade principal é a pesca (ostras perleiras) e a agricultura, onde destacan os cultivos de millo, cana de azucre, cocos, bananas e patacas.