Nuevo Correo
Nuevo Correo
[PUBLIC]
Xornal publicado en Bos Aires a partir de 1945. Foi o nome que adoptou a cabeceira Correo de Galicia, fundado na capital arxentina o 22 de marzo de 1908 por Xosé Ramón Lence e Xosé Vázquez Romaguera. Foi adquirido en 1945 polo empresario Ramón Lourente, presidente do Centro Galego de Bos Aires, quen lle cambiou a cabeceira por Nuevo Correo e encargou a súa dirección ao xornalista lucense Braulio Díaz Sal. Defensor da Autonomía para Galicia, anos despois transformouse en Faro de España.