Nuevo León
Nuevo León
Estado do NL de México (64.924 km2; 3.834.141 h [2000]). A súa capital é Monterrey. A Sierra Madre Oriental percorre o estado de NO a SL, no NO atópanse as rexións desérticas, e o sector N e NL forma parte da plana litoral do golfo de México. O clima é cálido e seco no N e húmido no S. A poboación tivo un crecemento (1960-1970) do 50%, e é maioritariamente urbana (70%). Destacan os cultivos de algodón, laranxeiras (primeiro produto mexicano) e cereais, ademais da gandaría. Os importantes recursos mineiros de chumbo, prata, fosfatos e ferro convertérono no segundo estado industrial do país.