Nuevo Teatro Crítico
Nuevo Teatro Crítico
Publicación editada en Madrid a partir de 1891. Cesou en 1893. Elaborada por Emilia Pardo Bazán, foi unha revista de periodicidade mensual en que a escritora recolleu contos, estudos literarios e feitos da actualidade política e social. Os seus contidos completábanse con notas sobre estreas teatrais e relacións de libros publicados. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La España Editorial.